MARTES 4 DE FEBREIRO ÁS 17:10 H CONVOCAMOS A TODAS AS FAMILIAS, NAIS E PAIS E ALUMNOS QUE POIDAN PARA UNHA PEQUENA CONCENTRACIÓN NA FACHADA DO CEIP O GRUPO!
O luns 3 de febreiro a ANPA Santa Uxía colocará unha pancarta reivindicativa na defensa do ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE na fachada do CEIP O GRUPO (así o autorizou o Consello Escolar na reunión de 28/01/25), para seguir na loita pola dotación de especialistas en NEAE que comezamos en outubro. Tamén enviaremos un escrito de amparo á Valedora do Pobo porque non tivemos contestación ningunha ás nosas demandas por rexistro.
O martes queremos ser os máximos posibles para facer unha pequena concentración diante da pancarta e do colexio e tirar unha foto para enviar aos medios de comunicación e compartir nas redes intentando facer a máxima presión.
Podedes traer folios ou cartulinas con mensaxes que poñan:
XUNTA ESCOITA!
+ INVERSIÓN - RECORTES
ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
Grazas pola vosa colaboración difundindo e asistindo (non tes que ser do cole para apoiar, pode vir á concentración quen queira un ensino público de calidade).