Novidades de ANPA Palmeira

Actividades fóra da escola

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas 2 Abr

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas

02/04/2025

No mes de abril conmemórase do Día das Artes Galegas que neste ano honra a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira comeza esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados das súas familias. Imos coñecer a vida e obra de Isaac, e participar nun novo Laboratorio de Formas na súa honra pintando cerámica que levaremos para a casa. Pequeno Laboratorio de Formas. Electra Menéndez Para nenos e nenas de 3 anos en diante coas súas familias Sábado, 05/05/2...

Ler máis

Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero 1 Abr

Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero

01/04/2025

O vindeiro 26 de abril ás 19:00 no auditorio de Ribeira temos unha cita para a entrega de premios do festival Alberto Romero.  Non volo perdades, xa que o grupo de teatro da ANPA participa en dúas das categorías.  Moita sorte chic@s de Teatro Alondra.   

Ler máis

Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria 31 Mar

Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria

31/03/2025

Por se algún e algunha estades interesados, dende a Federación de ANPAS da Coruña, envíannos esta proposta para os alumnos de 6º EP que estén interesados.  Estas xornadas levaranse a cabo no Centro Ágora (aula 9) os días 24 de abril, 8 de maio, 22 de maio para o alumnado e o 5 de xuño para as familias. 

Ler máis

Entroido ANPA Palmeira 14 Feb

Entroido ANPA Palmeira

14/02/2025

O entroido está chegando e dende a ANPA do CEIPP de Palmeira convidámosvos a vir a celébralo connosco. O luns día 3 de marzo de 17:00 a 20:00 horas no Polideportivo Torres Colomer de Palmeira. Haberá moitas sorpresas e diversión. Non vola perdades. Agardamosvos

Ler máis

Cafetea 31 Xan

Cafetea

31/01/2025

Reunión para familias con nenos e nenas neurodiverxentes. Venres 14 de febreiro as 18:30 horas tendes unha cita conosco. Agardamosvos

Ler máis

Concentración a favor do ensino 31 Xan

Concentración a favor do ensino

31/01/2025

MARTES 4 DE FEBREIRO ÁS 17:10 H CONVOCAMOS A TODAS AS FAMILIAS, NAIS E PAIS E ALUMNOS QUE POIDAN PARA UNHA PEQUENA CONCENTRACIÓN NA FACHADA DO CEIP O GRUPO! O luns 3 de febreiro a ANPA Santa Uxía colocará unha pancarta reivindicativa na defensa do ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE na fachada do CEIP O GRUPO (así o autorizou o Consello Escolar na reunión de 28/01/25), para seguir na loita pola dotación de especialistas en NEAE que comezamos en outubro. Tamén enviaremos un escrito de amparo á Valedora d...

Ler máis