Novidades de ANPA Palmeira

Actividades fóra da escola - Páxina 3

Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez 13 Nov

Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez

13/11/2024

Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h hai actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa. FalaRedes trae a Ribeira un obradoiro de banda deseñada!!!! Con Inés Vázquez imos aprender a crear personaxes, e contar historias coas imaxes que nós queiramos. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, unha nova forma de narrar nacerá das nosas mans. Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez. FalaRedes Data: 16/11/2024 Hora: 12.00 h (rem...

Ler máis

Cafeteens con Ágape 7 Nov

Cafeteens con Ágape

07/11/2024

Actividade organizada pola asociación Ágape para adolescentes neurodiverxentes a partires de 13 anos para facer pandilla e tomarse unha saborosa merenda. Este venres día 8 as 18:30, na Avda. Miguel Rodriguez Bautista, 32 Entlo. A de Ribeira.

Ler máis

Contacontos: Burromaquia 6 Nov

Contacontos: Burromaquia

06/11/2024

Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”. Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas. Cunha pequena escenografía na ...

Ler máis

Obra teatral: Wombo Combo 15 Out

Obra teatral: Wombo Combo

15/10/2024

Wombo Combo de Galeatro este domingo 20 de outubro ás 19.00 h no novo Auditorio Municipal. Para público a partir de 8 anos. Apertura de portas ás 18.30 h Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Espectáculo gratuíto!   O programa de dinamización do galego FalaRedes chega a Ribeira no tempo do outono con esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023.   Wombo Combo está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos, nunha refl...

Ler máis

Actividades formativas audiovisuais 14 Out

Actividades formativas audiovisuais

14/10/2024

Queremos convidarvos a que animedes os rapaces/zas, a participar nas Actividades Formativas Audiovisuais, que de maneira gratuita fai a Asociación Cultural Alberto Romero para tódolos rapaces do Barbanza. Teñen Obradoiros de Creación de Guións e Interpretación , que se realizarán en sesións de 1h e media cada sábado, os días 19 e 26 de Outubro, en Ribeira de 10h a 11,30h e na Pobra do Caramiñal de 12h a 13,30h. Poden asistir rapaces de todos os concellos (Boiro, Ribeira, Pobra e Rianxo). E por...

Ler máis

Contacontos "Tinta do Mar" Polo correo do vento 20 Xuño

Contacontos "Tinta do Mar" Polo correo do vento

20/06/2024

Este sábado temos contacontos e taller de ilustración no Centro Cultural Lustres Rivas ás 12.00 h Luísa Villalta. “Tinta do mar”. Polo Correo do Vento Contacontos ilustrado para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias Data: 22 de xuño Hora: 12.00 h Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas. Ribeira Vémonos nos contos!

Ler máis