Novidades de ANPA Palmeira

Obra teatral: Wombo Combo

Publicado: 15 de outubro de 2024, 20:55
  1. Actividades fóra da escola
Obra teatral: Wombo Combo

Wombo Combo de Galeatro este domingo 20 de outubro ás 19.00 h no novo Auditorio Municipal.

Para público a partir de 8 anos.

Apertura de portas ás 18.30 h

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Espectáculo gratuíto!

 

O programa de dinamización do galego FalaRedes chega a Ribeira no tempo do outono con esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023.

 

Wombo Combo está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos, nunha reflexión sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia, contemplamos como o bo ou mal uso das redes sociais, presentes na nosa vida cotiá, pode levarnos a un desenvolvemento persoal óptimo ou á frustración e ao illamento.

 

Este domingo podemos asistir ao teatro en familia, nunha sesión gratuíta dentro da oferta de programación da Rede de Dinamización Lingüística á que pertence o Concello de Ribeira. E tamén os mozos e mozas de Ribeira tendes a oportunidade de ver este novo espectáculo no novo Auditorio de Ribeira, un espectáculo que fala do voso día a día, da relación que mantemos coas nosas RRSS. Cunha posta en escena colorista, próxima e dinámica, veremos o noso mundo “real” de carne e óso contraposto ao virtual, nun espazo, o teatro, que nos leva á diversión e tamén á reflexión.

 

Sinopse:

 

A Sara no lle gusta a súa vida. Ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real nada lle vai ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, ten éxito e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo, “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.

 

Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodríguez, Tone Martínez

Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli

Espazo sonoro: Davide González

Deseño Iluminación: Nacho Martín

Dramaturxia: Paula Carballeira

Dirección: Davide González

Noticias relacionadas

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas 2 Abr

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas

No mes de abril conmemórase do Día das Artes Galegas que neste ano honra a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira comeza esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados das súas familias. Imos coñecer a vida e obra de Isaac, e participar nun novo
Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero 1 Abr

Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero

O vindeiro 26 de abril ás 19:00 no auditorio de Ribeira temos unha cita para a entrega de premios do festival Alberto Romero.  Non volo perdades, xa que o grupo de teatro da ANPA participa en dúas das categorías.  Moita sorte chic@s de Teatro Alondra.   
Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria 31 Mar

Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria

Por se algún e algunha estades interesados, dende a Federación de ANPAS da Coruña, envíannos esta proposta para os alumnos de 6º EP que estén interesados.  Estas xornadas levaranse a cabo no Centro Ágora (aula 9) os días 24 de abril, 8 de maio, 22 de maio para o alumnado e o 5 de xuño para as
Entroido ANPA Palmeira 14 Feb

Entroido ANPA Palmeira

O entroido está chegando e dende a ANPA do CEIPP de Palmeira convidámosvos a vir a celébralo connosco. O luns día 3 de marzo de 17:00 a 20:00 horas no Polideportivo Torres Colomer de Palmeira. Haberá moitas sorpresas e diversión. Non vola perdades. Agardamosvos