Novidades de ANPA Palmeira

Contacontos "Menú máxico de contos"

Publicado: 04 de abril de 2024, 12:35
  1. Actividades fóra da escola
Contacontos "Menú máxico de contos"

Bos días:

Comezamos o Mes dos Libros! e parar celebralo o mellor é ir aos contactos dos sábados ás 12.00 h no Centro Cultural Lustres Rivas, gozar dos espectáculos e das boas lecturas na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.

“Menú máxico de contos”. Cris de Caldas

Ler Conta Moito 2024

Narración oral para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias.

Data: 6 de abril

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Inscricións: normalizacion@ribeira.gal

Se hai maxia nos contos e os contos alimentan, por que non elaborar un menú máxico de contos? Un menú saudable, equilibrado e respectuoso, aínda que non aseguramos a presenza dun lobo vexetariano, xa somos máis das carapuchiñas rebeldes, ogros paspáns ou de bruxas famentas de nenos ou de nenas, que a fame é do máis igualitaria. Non nos digades que iso non é maxia? 

Noticias relacionadas

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas 2 Abr

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas

No mes de abril conmemórase do Día das Artes Galegas que neste ano honra a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira comeza esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados das súas familias. Imos coñecer a vida e obra de Isaac, e participar nun novo
Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero 1 Abr

Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero

O vindeiro 26 de abril ás 19:00 no auditorio de Ribeira temos unha cita para a entrega de premios do festival Alberto Romero.  Non volo perdades, xa que o grupo de teatro da ANPA participa en dúas das categorías.  Moita sorte chic@s de Teatro Alondra.   
Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria 31 Mar

Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria

Por se algún e algunha estades interesados, dende a Federación de ANPAS da Coruña, envíannos esta proposta para os alumnos de 6º EP que estén interesados.  Estas xornadas levaranse a cabo no Centro Ágora (aula 9) os días 24 de abril, 8 de maio, 22 de maio para o alumnado e o 5 de xuño para as
Entroido ANPA Palmeira 14 Feb

Entroido ANPA Palmeira

O entroido está chegando e dende a ANPA do CEIPP de Palmeira convidámosvos a vir a celébralo connosco. O luns día 3 de marzo de 17:00 a 20:00 horas no Polideportivo Torres Colomer de Palmeira. Haberá moitas sorpresas e diversión. Non vola perdades. Agardamosvos