Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira (Maio/2024)

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Contacontos "Zapatiños de cartón e a carta dos bosques" 21 Maio

Contacontos "Zapatiños de cartón e a carta dos bosques"

21/05/2024 Actividades fóra da escola

Este sábado 25 de maio ás 12.00 h tera lugar unha sesión de contos no Parque Periurbano de San Roque con Anxo Moure. Parece que a chuvia vai dar unha tregua para a fin de semana e poderemos aproveitar, ás 12.00 h deste sábado, para pasear por San Roque e escoitar alí os contos. Ao vir de volta aínda chegamos a tempo para ir coller os nosos libros favoritos á Biblioteca Pública Municipal de Ribeira, a hora de peche nos sábados é ás 14.00 h. “Zapatiños de cartón e a carta dos bosques”. Anxo Mour...

Ler máis

Día da Letras Galegas no Concello de Ribeira 16 Maio

Día da Letras Galegas no Concello de Ribeira

16/05/2024 Actividades fóra da escola

Se o tempo o permite o Concello de Ribeira vai ter dúas actividades de rúa para público infantil e familiar esta fin de semana da Letras Galegas. Data: 17 de maio “Príncipas e princesos”. Pablísimo Espectáculo de narración oral, Kamishibai, monicreques e música participativa para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias. Hora: 12.00 h Lugar: Parque de Pedra Pateira (se chove, Centro Cultural Lustres Rivas) Haberá regaliños para os nenos e nenas que asistan! Data: 18 de maio 40 ani...

Ler máis