Remata a programación infantil e familiar dos sábados de abril cun obradoiro de escultura. As “Mans pequenas para grandes esculturas” esculpirán na mañá do día 27 de abril e levarán para a casa a súa peza inspirada na obra de Asorey.
“Obradoiro. Facemos unha escultura con Asorey”. Pedras de Papel (Electra Menéndez)
Obradoiro de escultura para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias.
Data: sábado 27 de abril
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Inscricións: normalizacion@ribeira.gal
O Día das Artes Galegas homenaxea este ano ao escultor cambadés Francisco Asorey, quen xerou xunto co fotógrafo Ksado a icona de Galicia, a muller galega que nos representa. É preciso facer chegar á poboación máis noviña a importancia do seu legado escultórico e a fondura do seu pensamento. Para isto Electra trasladaranos ao taller de Asorey en Caramoniña e traballaremos os materiais coma el con forza e paixón ata que narren historias como contan a súa “Santa” ou o seu “Tesouro”.