Novidades de ANPA Palmeira

Obradoiro: Ves facer a bandeira galega con nós?

Publicado: 22 de novembro de 2024, 10:41
  1. Actividades fóra da escola
Obradoiro: Ves facer a bandeira galega con nós?

Ola!

Este sábado temos obradoiro para as persoas máis pequenas da casa coas súas familias. Imos facer bandeiras galegas todas cantas queiramos!

Hai agora 106 anos que se convocou a I Asemblea Nacionalista da Irmandades da Fala e seguindo o seu ronsel xuntámonos para facermos en común bandeiras galegas e que cadaquén a poida levar para a casa.

 

Vés facer a bandeira galega con nós?

Obradoiro para nenos e nenas coas súas familias (a partir de 3 anos)

Data: 23/11/2024

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Haberá regaliños para quen veña participar

Inscricións: normalizacion@ribeira.gal

 

Vémonos no Centro Cultural Lustres Rivas.

Noticias relacionadas

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas 2 Abr

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas

No mes de abril conmemórase do Día das Artes Galegas que neste ano honra a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira comeza esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados das súas familias. Imos coñecer a vida e obra de Isaac, e participar nun novo
Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero 1 Abr

Gala entrega de premios Festival Curtas Alberto Romero

O vindeiro 26 de abril ás 19:00 no auditorio de Ribeira temos unha cita para a entrega de premios do festival Alberto Romero.  Non volo perdades, xa que o grupo de teatro da ANPA participa en dúas das categorías.  Moita sorte chic@s de Teatro Alondra.   
Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria 31 Mar

Xornadas de debates para estudiantes de 6º EP e secundaria

Por se algún e algunha estades interesados, dende a Federación de ANPAS da Coruña, envíannos esta proposta para os alumnos de 6º EP que estén interesados.  Estas xornadas levaranse a cabo no Centro Ágora (aula 9) os días 24 de abril, 8 de maio, 22 de maio para o alumnado e o 5 de xuño para as
Entroido ANPA Palmeira 14 Feb

Entroido ANPA Palmeira

O entroido está chegando e dende a ANPA do CEIPP de Palmeira convidámosvos a vir a celébralo connosco. O luns día 3 de marzo de 17:00 a 20:00 horas no Polideportivo Torres Colomer de Palmeira. Haberá moitas sorpresas e diversión. Non vola perdades. Agardamosvos