O vindeiro venres 27 de decembro hai un obradoiro para crear crakers. Que son?
Pois son tubos de cartón decorados con papeis de cores e distintas sorpresas no seu interior. Orixinarios de Reino Unido, gañan popularidade noutros países adaptándose a diferentes culturas e tradicións. Máis aló de ser un simple artigo festivo, os crackers de Nadal representan a unión, a sorpresa e a alegría de compartir.
Dirixido a: todos os públicos; nenos/as acompañados dunha persoa adulta.
Horario: 11:30 a 12:30 horas
Lugar: Casa da Costa (centro de recepción de visitantes do Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán)
Máis información e incricións: 647415462, parque.natural.corrubedo@xunta.gal ou na Casa da Costa no horario que se indica a continuación:
Horario de Nadal na Casa da Costa:
Aberto os días: 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
Mañás de 10:30 a 14:30 horas e tardes de 16:00 a 18:00 horas
Saúdos cordiais,