O vindeiro venres 3 de xaneiro hai outro obradoiro nesta ocasión, para crear casiñas de Nadal con cartón reciclado.
Neste obradoiro, poderedes construír un poboado de Nadal con luces no seu interior a fin de crear un espazo máxico no teu fogar, ou tamén facer caixiñas para os agasallos e sorprender así aos seres queridos.
Dirixido a: todos os públicos; nenos/as acompañados dunha persoa adulta.
Horario: 11:30 a 12:30 horas
Lugar: Casa da Costa (centro de recepción de visitantes do Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán)
Máis información e incricións: 647415462, parque.natural.corrubedo@xunta.gal ou na Casa da Costa no horario que se indica a continuación:
Horario de Nadal na Casa da Costa:
Aberto os días: 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
Mañás de 10:30 a 14:30 horas e tardes de 16:00 a 18:00 horas