Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira

Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira

Á vosa disposición para todo o que necesitedes

650 199 162

Coñece a ANPA Palmeira

ANPA Palmeira somos unha asociación de pais e nais que traballan durante todo o ano, de forma voluntaria, para representar e defender os dereitos dos nosos fillos e dos propios pais e titores legais. Ademais, tamén nos encargamos de ofrecer servizos complementarios á oferta propia do colexio. Algúns dos servizos que ofrecemos son:

  • Banco de libros de texto
  • Actuacións e talleres con moita relevancia social
  • Viaxes e excursións lúdicas e culturais
  • Escola de familia
  • Descontos en tendas e outros establecementos para socios
  • Colaboracións con outras asociacións
  • Contamos con Seguro de Responsabilidade Civil e outro de Accidentes
Ver presentación
Coñece a ANPA Palmeira

De que nos encargamos desde o ANPA?

Icono de  Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Encargámonos de organizar un gran número de actividades extraescolares, podendo elixir entre idiomas, deportes... Ademais, moitas das nosas actividades están feitas para todo o mundo, polo que se o neno presenta necesidades especiais, sempre podedes consultar que actividades se poden adaptar a el.

Ver actividades
Icono de Comedor

Comedor

Contamos cun servizo de comedor, dispoñible para todos os alumnos do colexio, e, ademais, en caso de ser socio do ANPA estarás cuberto polos nosos seguros. Este servizo está dispoñible todos os días entre as 14:00 e as 16:00. Dispoñemos de menús iguais para todos, menos para casos de alerxias, intolerancias... Onde contamos cun menú especial.

Ver normativa
Icono de Servizo de madrugadores

Servizo de madrugadores

Para eses pais que teñen un horario que lle imposibilita conciliar a súa vida laboral coa familiar, poñemos á súa disposición o servizo de madrugadores, dispoñible todos os días lectivos do ano, desde as 7:00 ata as 9:00. Estarán atendidos por monitores e poderán estar na sala do comedor e tamén utilizar os baños.

Ver normativa

Mantente ao día de todas as novidades

Charla. Sexualidades e autismo 13 Nov

Charla. Sexualidades e autismo

Remitimos información dunha charla que nos parece sumamente importante parao colectivo xuvenil e adolescente da nosa comarca, versa sobre asexualidade e os seus retos nesta franxa de poboación e dende aperspectiva da Condición Autista. Como nos parece unha granoportunidade, tanto para as persoas como para as familias, para entendermáis polo miúdo un tema tan controvertido e que desperta tantas dúbidase preguntas. Esperamos contar con todo o voso apoio e colaboración, paracalquer pregunta sobre a charla, estaremos encantados de atendervos. A charla vaina a dar unha profesional psicosexóloga,
Teatro: 17 Out

Teatro: "Nube, nube, sol"

Este sábado 18 de outubro ás 12.00 h hai unha proposta para toda a familia no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira “Nube, nube, sol” de Teatro ao Cubo Teatro para nenos e nenas de 0 a 12 anos coas súas familias Sábado, 18 de outubro ás 12.00 h Centro Cultural Lustres Rivas Gratuíto... E haberá regaliños para todo o público! As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. “Nube, nube, sol” métenos de cheo na diversión e na
Charla online de Videoxogos o redes sociais 29 Set

Charla online de Videoxogos o redes sociais

VIDEOXOGOS E REDES SOCIAIS PARA FAMILIAS A ANPA do CEIPP de Palmeira organiza este ano obradoiros con actividades coeducativas a través dos videoxogos e as redes sociais e o baile para alumnado do colexio de Palmeira os días 3, 8, 9 e 10 de outubro e convida aos paia a unha charla online sobre Videoxogos e redes sociais o día 21 de outubro as 19.00 horas.  Todas estas actividades están subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Presentación da obra: 15 Set

Presentación da obra: "Castelao, desta terra e deste tempo"

Con motivo do 75º aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dende a A. C. Altofalante, organizan un acto para o xoves 18, ás 20:00h no Centro Cultural Lustres Rivas. Terá lugar a presentación da obra “Castelao, desta terra e deste tempo”, onde da man do seu autor Manuel Rei, teremos a posibilidade de coñecer a través dunha mensaxe integral e sen deturpacións, a figura de Castelao. Por ende, prace convidarvos a todos ao acto. 
Obra teatral: Terra Trágame 10 Set

Obra teatral: Terra Trágame

O venres 19 de setembro ás 21:15 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Ribeira o estreo da obra teatral "Terra Trágame". Nos coló podedes perder. Mercade a vida entrada solidaria por tan só 5€ na sede da asociación Ágape, en Don Tacón Ribeira, Peluquería Ángeles, Asociación Amas de Casa ou no mesmo auditorio 1 hora antes da función. Esperámosvos. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2025/09/10/compania-enraizadas-teatro-echa-andar-presentacion-obra-terra-tragame/0003_202509B10C4992.htm  
Circuito Sensorial 28 Xul

Circuito Sensorial

Esta sábado día 2 de Agosto de 11:00 a 13:00 horas, a asociación Ágape organiza un circuito Sensorial na plaza do Concello. Non volo podedes perder.
Faite socio e colabora co noso traballo

Faite socio e colabora co noso traballo

Se queres formar parte desta asociación podes facerte socio por 20 euros ao ano por familia, xa que os nosos principais fondos parten de dita cota, aínda que tamén pedimos subvencións á Deputación da Coruña e ás Consellerías da Xunta de Galicia.

Xunta directiva

  • Beatriz Pillado Pardavila - Presidenta
  • María Teresa López Barreiro - Vicepresidenta
  • Paloma Barreiro Cerqueiras - Secretaria
  • Alicia López Mayán - Tesoreira
  • Anxos Torrado Blanco - Vogal
  • Andrea Sieira Rivas - Vogal
  • María Benita Redondo Fernández - Vogal

Algunhas das actividades extraescolares que ofrecemos

Idiomas

Se queres que os teus fillos aprendan idiomas, dispoñemos de clases de inglés para infantil e primaria, tendo dous días de clase por semana. Ademais, tamén contamos con leccións de lingua de signos, neste caso para infantil, primaria e adultos, e ofrécese unha clase semanal.

Deportes

No caso de buscar actividades que impliquen máis movemento, dentro das nosas clases extraescolares ofrecemos leccións de kenpo karate, para infantil e para primaria e realízanse dous días á semana. Tamén ofrecemos unha clase semanal de parkour para infantil e primaria.

Contacta con ANPA Palmeira

Contacta con ANPA Palmeira

Se desexas solicitar máis información sobre a nosa asociación de pais e nais, desexas unirte ou queres resolver algunha dúbida, non esperes máis e contacta connosco. Atenderémoste encantados.

Contactar