Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira (Outubro/2024)

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Obra teatral: Wombo Combo 15 Out

Obra teatral: Wombo Combo

Fai 21 horas Actividades fóra da escola

Wombo Combo de Galeatro este domingo 20 de outubro ás 19.00 h no novo Auditorio Municipal. Para público a partir de 8 anos. Apertura de portas ás 18.30 h Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Espectáculo gratuíto!   O programa de dinamización do galego FalaRedes chega a Ribeira no tempo do outono con esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023.   Wombo Combo está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos, nunha refl...

Ler máis

Actividades formativas audiovisuais 14 Out

Actividades formativas audiovisuais

14/10/2024 Actividades fóra da escola

Queremos convidarvos a que animedes os rapaces/zas, a participar nas Actividades Formativas Audiovisuais, que de maneira gratuita fai a Asociación Cultural Alberto Romero para tódolos rapaces do Barbanza. Teñen Obradoiros de Creación de Guións e Interpretación , que se realizarán en sesións de 1h e media cada sábado, os días 19 e 26 de Outubro, en Ribeira de 10h a 11,30h e na Pobra do Caramiñal de 12h a 13,30h. Poden asistir rapaces de todos os concellos (Boiro, Ribeira, Pobra e Rianxo). E por...

Ler máis