Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira (Novembro/2024)

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Obradoiro: Ves facer a bandeira galega con nós? 22 Nov

Obradoiro: Ves facer a bandeira galega con nós?

Onte Actividades fóra da escola

Ola! Este sábado temos obradoiro para as persoas máis pequenas da casa coas súas familias. Imos facer bandeiras galegas todas cantas queiramos! Hai agora 106 anos que se convocou a I Asemblea Nacionalista da Irmandades da Fala e seguindo o seu ronsel xuntámonos para facermos en común bandeiras galegas e que cadaquén a poida levar para a casa.   Vés facer a bandeira galega con nós? Obradoiro para nenos e nenas coas súas familias (a partir de 3 anos) Data: 23/11/2024 Hora: 12.00 h Lugar: C...

Ler máis

Charla: Máis alá da conduta 19 Nov

Charla: Máis alá da conduta

19/11/2024 Actividades fóra da escola

Charla impartida pola logopeda e psicopedagoga Silvia Álvarez. Este sábado 23 de novembro ás 11:00 h. na Casa da Xuventude de Ribeira. Unha charla de balde para comprender e xestionar os pequenos conflitos cotiás con nen@s neurodiverxentes, onde se darán estratexias prácticas de resolución tanto para familias como para profesorado. Non faltedes.

Ler máis

Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez 13 Nov

Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez

13/11/2024 Actividades fóra da escola

Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h hai actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa. FalaRedes trae a Ribeira un obradoiro de banda deseñada!!!! Con Inés Vázquez imos aprender a crear personaxes, e contar historias coas imaxes que nós queiramos. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, unha nova forma de narrar nacerá das nosas mans. Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez. FalaRedes Data: 16/11/2024 Hora: 12.00 h (rem...

Ler máis

Cafeteens con Ágape 7 Nov

Cafeteens con Ágape

07/11/2024 Actividades fóra da escola

Actividade organizada pola asociación Ágape para adolescentes neurodiverxentes a partires de 13 anos para facer pandilla e tomarse unha saborosa merenda. Este venres día 8 as 18:30, na Avda. Miguel Rodriguez Bautista, 32 Entlo. A de Ribeira.

Ler máis

Contacontos: Burromaquia 6 Nov

Contacontos: Burromaquia

06/11/2024 Actividades fóra da escola

Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”. Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas. Cunha pequena escenografía na ...

Ler máis