Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira (Decembro/2024)

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Obradoiros de nadal no parque natural 28 Dec

Obradoiros de nadal no parque natural

28/12/2024 Actividades fóra da escola

O vindeiro venres 3 de xaneiro hai outro obradoiro nesta ocasión, para crear casiñas de Nadal con cartón reciclado.  Neste obradoiro, poderedes construír un poboado de Nadal con luces no seu interior a fin de crear un espazo máxico no teu fogar, ou tamén facer caixiñas para os agasallos e sorprender así aos seres queridos. Dirixido a: todos os públicos; nenos/as acompañados dunha persoa adulta.Horario: 11:30 a 12:30 horasLugar: Casa da Costa (centro de recepción de visitantes do Parque Natural...

Ler máis

Obradoiros de Nadal no Parque Natural: Crackers para fin de ano 22 Dec

Obradoiros de Nadal no Parque Natural: Crackers para fin de ano

22/12/2024 Actividades fóra da escola

O vindeiro venres 27 de decembro hai un obradoiro para crear crakers. Que son?  Pois son tubos de cartón decorados con papeis de cores e distintas sorpresas no seu interior. Orixinarios de Reino Unido, gañan popularidade noutros países adaptándose a diferentes culturas e tradicións. Máis aló de ser un simple artigo festivo, os crackers de Nadal representan a unión, a sorpresa e a alegría de compartir. Dirixido a: todos os públicos; nenos/as acompañados dunha persoa adulta. Horario: 11:30 a 12...

Ler máis

Formación: 1ª xornada sobre o espectro autista. 20 Dec

Formación: 1ª xornada sobre o espectro autista.

20/12/2024 Actividades fóra da escola

Hoxe traemos unha noticia moi moi importante para profesorado e familias. Por fin compartimos esta formación de 8 horas coa psicóloga especialista no espectro autista: Marlene Horna. Fai pouco falamos dela nunha publicación xa que é un referente tanto a nivel nacional como internacional no autismo. As súas formacións son potentes aprendizaxes e neste caso o tema da formación será a "Comprensión, participación e benestar emocional de nenas/os e adolescentes autistas na escola". "Ponte no meu lu...

Ler máis

Campamento Nadal Concilia 3 Dec

Campamento Nadal Concilia

03/12/2024 Actividades de interese na escola

Estas vacacións pasádeas no noso campamento Concilia de Nadal. Terá lugar no CEIPP de Palmeira os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e o 2, 3, 7 de xaneiro en horario de 9:30 a 14:00, con posibilidade de madruga e/ou saída tardía. Non volo perdades que ven cargado de actividades e sorpresas. Apúntate no seguinte enlace  https://forms.gle/A96diJqowL7pKzd57 ou no WhatsApp (650 19 91 62) ou correo (anpapalmeira@hotmail.com) da Anpa

Ler máis