Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira - Páxina 4

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Contacontos: Burromaquia 6 Nov

Contacontos: Burromaquia

06/11/2024 Actividades fóra da escola

Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”. Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas. Cunha pequena escenografía na ...

Ler máis

Obra teatral: Wombo Combo 15 Out

Obra teatral: Wombo Combo

15/10/2024 Actividades fóra da escola

Wombo Combo de Galeatro este domingo 20 de outubro ás 19.00 h no novo Auditorio Municipal. Para público a partir de 8 anos. Apertura de portas ás 18.30 h Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Espectáculo gratuíto!   O programa de dinamización do galego FalaRedes chega a Ribeira no tempo do outono con esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023.   Wombo Combo está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos, nunha refl...

Ler máis

Actividades formativas audiovisuais 14 Out

Actividades formativas audiovisuais

14/10/2024 Actividades fóra da escola

Queremos convidarvos a que animedes os rapaces/zas, a participar nas Actividades Formativas Audiovisuais, que de maneira gratuita fai a Asociación Cultural Alberto Romero para tódolos rapaces do Barbanza. Teñen Obradoiros de Creación de Guións e Interpretación , que se realizarán en sesións de 1h e media cada sábado, os días 19 e 26 de Outubro, en Ribeira de 10h a 11,30h e na Pobra do Caramiñal de 12h a 13,30h. Poden asistir rapaces de todos os concellos (Boiro, Ribeira, Pobra e Rianxo). E por...

Ler máis

Extraescolares: Obradoiros divertidos 20 Set

Extraescolares: Obradoiros divertidos

20/09/2024 Actividades de interese na escola

Otra novidade este curso, onde os nenos e nenas aprenderán cociña, costura, reciclaxe e farán o seu propio horto. Deste xeito ensinaremoslles a ser mais respetuosos co medio ambiente e ser autónomos na súa vida diaria. Dispoñible todos os mércores de 16:00 a 17:00 horas. Non te quedes sen a tua praza. Anímate.

Ler máis

Extraescolares: Ciencia divertida 20 Set

Extraescolares: Ciencia divertida

20/09/2024 Actividades de interese na escola

Este curso 2024-25 como novidade para todas as idades contamos cunha actividade que despertara o interese de grandes e pequenos, ofrecendo a oportunidade os nenos e nenas de descubrir a ciencia a través de divertidos experimentos. Animádevos e non quededes sen a vosa plaza. Será os martes de 17:00 a 18:00 na aula de plástica do cole.

Ler máis