Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira - Páxina 2

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Concentración a favor do ensino 31 Xan

Concentración a favor do ensino

31/01/2025 Actividades fóra da escola

MARTES 4 DE FEBREIRO ÁS 17:10 H CONVOCAMOS A TODAS AS FAMILIAS, NAIS E PAIS E ALUMNOS QUE POIDAN PARA UNHA PEQUENA CONCENTRACIÓN NA FACHADA DO CEIP O GRUPO! O luns 3 de febreiro a ANPA Santa Uxía colocará unha pancarta reivindicativa na defensa do ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE na fachada do CEIP O GRUPO (así o autorizou o Consello Escolar na reunión de 28/01/25), para seguir na loita pola dotación de especialistas en NEAE que comezamos en outubro. Tamén enviaremos un escrito de amparo á Valedora d...

Ler máis

Contacontos: Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso”. Polo Correo do Vento 30 Xan

Contacontos: Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso”. Polo Correo do Vento

30/01/2025 Actividades fóra da escola

O Día da Ilustración celébrase cada ano cadrando coa data do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel de quen son profesionais da ilustración na industria cultural, homenaxéase un ilustrador ou unha ilustradora de Galicia. Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor homenaxeado en vida. AVISO IMPORTANTE: Este sábado o contacontos comeza ás 11.00 h “Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso”. Polo Correo do Vento Contacontos con música e o...

Ler máis

Obradoiros de nadal no parque natural 28 Dec

Obradoiros de nadal no parque natural

28/12/2024 Actividades fóra da escola

O vindeiro venres 3 de xaneiro hai outro obradoiro nesta ocasión, para crear casiñas de Nadal con cartón reciclado.  Neste obradoiro, poderedes construír un poboado de Nadal con luces no seu interior a fin de crear un espazo máxico no teu fogar, ou tamén facer caixiñas para os agasallos e sorprender así aos seres queridos. Dirixido a: todos os públicos; nenos/as acompañados dunha persoa adulta.Horario: 11:30 a 12:30 horasLugar: Casa da Costa (centro de recepción de visitantes do Parque Natural...

Ler máis

Obradoiros de Nadal no Parque Natural: Crackers para fin de ano 22 Dec

Obradoiros de Nadal no Parque Natural: Crackers para fin de ano

22/12/2024 Actividades fóra da escola

O vindeiro venres 27 de decembro hai un obradoiro para crear crakers. Que son?  Pois son tubos de cartón decorados con papeis de cores e distintas sorpresas no seu interior. Orixinarios de Reino Unido, gañan popularidade noutros países adaptándose a diferentes culturas e tradicións. Máis aló de ser un simple artigo festivo, os crackers de Nadal representan a unión, a sorpresa e a alegría de compartir. Dirixido a: todos os públicos; nenos/as acompañados dunha persoa adulta. Horario: 11:30 a 12...

Ler máis